11/11/2006

Os meus segredos

Os segredos que eu coñezo
gritan a voces,
son segredos
que podes oír aínda estando xordo
segredos plasmados no meu semblante
de día e noite e viceversa
de pequenas feridas,
de grandes cicatrices,
son puntos e comas
da miña pequena historia
dunha vida, a miña,
que cobra sentido ao cruzarse
con outra vida , a túa,
son segredos imperceptibles
ao oído vulgar,
pero perfectamente escoitables
ao abrigo dos bares
das melodías tristes,
das noites de lúa sen lúa,
dos ollos verdes que tan ben coñezo,
dos camiños que andiven
pero coidado , non os grites
naide te entenderá,
son como a loucura
todos a ven
pero naide a entende
son os meus segredos
ao fin e ao cabo.

Jessica

1 comentario:

J. M. Chanteiro dijo...

Hola jesika. As veces os sentimentos volvense palabras e as palabras poesía, que nos emociona e nos fai sentir vivos. Gracias por escribir. Realmente preciosa. Un saúdo