Esta segunda edición,organizada polo concello,reuniu a máis de 1.000 persoas baixo unha carpa sitúada no Parque do Chanto.
Cada persoa tivo q abonar sete euros, e entre todos os asistentes sortearonse uns 350 agasallos.
A organización da festa, foi todo un éxito. A festa comezou pasadas as once da mañá coa chegada dos participantes.Despois tivo lugar unha misa no interior da carpa e cantaron as corales de sarria e Sarricanta, de seguido a Banda de Sarria ofreceu un bonito concerto.
Despois da entrega dos agasallos, actuaron as charangas Apeles e Charangos.
Fernando Carlos Rodríguez, coordinador da celebración, anunciou que a terceira edición, se celebraría no mes de maio en vez de celebra-la no de setembro.
Os pedaneos de cada pobo da comarca, tamén tiveron un papel importante na organización deste evento, xa que se encargaron de avisar e inscribir a xente para a celebración.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario